6 de dec. de 2015

TUI

A cabeza de lista  por Pontevedra de Nós-Candidatura Galega, Carme Adán, participará no Encontro Aberto coa veciñanza de Tui  

Carme Adán participará no encontro aberto que terá lugar este martes 8, ás sete da tarde na Sala Félix, da Área Panorámica en Tui

Carme Adán, cabeza de lista por Pontevedra, de Nós Candidatura Galega


Nós Candidatura Galega / Tui

 Coa  enerxía colectiva deste país. “A ansia que hoxe sente Galiza de vivir de novo, de voltar ao seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia luminosa do mañá. Agora, de novo, tócanos sumar, coa potencia dunha sociedade viva e plural, arredor do que nos une, do latexo común que compartimos. Coas nosas mans abertas, a quen queira estreitalas.  

 Para iso, para dar a coñecer as propostas de Nós-Candidatura, coalición da que forma parte o BNG, PCPG, CG, FOGA e o PG, a cabeza de lista, Carme Adán (que impartíu aulas de Filosofía durante 13 anos no IES San Paio de Tui) participará de primeira man no encontro aberto que terá lugar este martes 8, ás sete da tarde na Sala Félix, da Área Panorámica en Tui.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario