6 de dec. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA MÁIS ATENCIÓN AS RÚAS DO MUNICIPIO

Celso R. Fariñas: "(...) Bolardos caídos ou desaparecidos, ocos por tódalas esquinas e camiños “pedindo arranxos e asfalto” que non reciben en ningunha ocasión e o degradación vai facéndose máis evidente por tódolos lados (...)"


As imaxes reflicten o deficiente estado de conservación do pavimento na Praza de San Bernardo, de A Guarda
Fotos: Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no Concello á seguinte comunicación:

  ARRANXO DE RÚAS                     
 Unha volta polas rúas do noso pobo, especialmente polas máis céntricas, fainos atopar imáxenes como as que aportamos, que son un fiel reflexo do estado de abandono en que está sumida a vila de A Guarda, donde somentes recibíu “unha caricia” de asfalto nas vísperas electorais para arrapañar un feixe de votos e logo seguir na longa agonía a que teñen sometida a localidade que ata fai pouco tempo, era a “referencia” no Baixo Miño, pero que non lles importa a quenes teñen a obriga de pola en marcha, e da que somentes se acordan nos grandes discursos e para saír nos “arretratos populistas” do PSOE.

 Bolardos caídos ou desaparecidos, ocos por tódalas esquinas e camiños “pedindo arranxos e asfalto” que non reciben en ningunha ocasión e o degradación vai facéndose máis evidente por tódolos lados.   

 Nesta ocasión, recibimos de varios veciños da Praza de San Bernardo, as imaxes que acompañamos, para ver si “desta toca” e consiguen que arrancan o máis forte.   

 Dende Converxencia Galega vimos a reclamar do Equipo de Goberno para que tomen as medidas oportunas e procedan a arranxar e sanear estas deficiencias, por que unha imaxe vale máis que mil palabras, o que está a vista non precisa aclaración.  

A Guarda, a 05 de Decembro do 2.015
   
Celso R. Fariñas    
Concelleiro de Converxencia Galega   


Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Vías e Obras 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario