29 de dec. de 2015

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra aproba o convenio marco de colaboración cos concellos da Rede de Sendeiros Azuis 

A institución provincial destinará unha partida inicial de 60.000 euros para actuacións nos municipios de Baiona, Bueu, Cangas, A Guarda, A Illa de Arousa, Nigrán, Ponte Caldelas, Sanxenxo e Vigo

Vista parcial da Senda Litoral das faldras do Monte Santa Trega, no municipio de A Guarda
Foto: Infogauda


Infogauda / Pontevedra

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte o convenio marco de colaboración cos nove concellos da provincia adheridos á Rede de Sendeiros Azuis co fin de desenvolver as primeiras actuacións de sinalización, mobiliario, mantemento e promoción.  

 A institución provincial destinará ao impulso da rede unha partida de 60.000 euros. 

 Ademais, o proxecto concorrerá a fondos europeos coma o programa Life, que conta cunha liña de financiamento para a mellora ambiental e a recuperación da biodiversidade.  

 Os sendeiros azuis son itinerarios que unen praias e portos con bandeira azul nunha rede de gran valor ambiental e atractivo turístico. Están adheridos á rede Cangas, Bueu, A Illa de Arousa, A Guarda, Vigo, Nigrán, Baiona, Ponte Caldelas e Sanxenxo, cuxos alcaldes mantiveron recentemente unha reunión coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, para acordar un plan de traballo conxunto que permita compartir sinerxías.

Ningún comentario:

Publicar un comentario