HOCKEY LIÑA
A VILA VIGUESA DE BOUZAS ACOLLE A PRIMEIRA XORNADA DA LIGA GALEGA DE HOCKEY LIÑA
Informa: A Guarda Hockey Liña
Este domingo día 13 do Nadal botará a andar a Liga Galega de Hockey Liña na pista do pavillón polideportivo de Bouzas.
Xogaránse os encontros correspondentes ás dúas primeiras xornadas da competición no que promete ser un día cheo de adrenalina e emocións. Estarán sobre o parqué de Bouzas os equipos CPL Brigantium e ADC Alquimia InLine da Coruña; CHL Lóstregos (que presenta dous equipos Lóstregos Máster e Lóstregos) e CHL Cabuxos de Lugo; Morcegos HC de Ourense; Vigo Blue Ringed de Vigo e A Guarda HL da Guarda.
Animámosvos a todos a acudir, entrada ó evento será libre e gratuita.

Ningún comentario:
Publicar un comentario