CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA A COLABOURA DO CONCELLO N´UN EVENTO CIRCENSE
Celso R. Fariñas: “(...) Os que autorizaron –ou miraron para outro lado- para que puxeran os carteis nos que aparece “COLABORA CONCELLO DE A GUARDA” seguramente xa disponen dún feixe de entradas para levalos fillos/as e netos/as que logo xa tocará a limpeza por parte do persoal municipal (...)”.
Infogauda / A Guarda
O concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
¡¡…E LOGO DIN QUE NON HAI CARTOS…!!
Despois de levar un feixe de días “chorando”
por 50€ do comercio local para que axuden a pagalos gastos do alumeado e son do Nadal, esquecendo que foron eles os que eliminaron ese aporte, xa fai anos,
porque “había cartos a esjalla”, agora atopamos “colgados” dos báculos de
alumeado PROPAGANDA CIRCENSE esquecendo os “mitíns” que botaba o Concelleiro de Servizos polos
papeles que pegaron algúns” e estes, ¿teñen permiso e pasaron a abonar os
prezos e taxas vixentes nas Ordenanzas Municipais?? ¡¡seguro que non!! Polo que
se ve, aquí, solo pagan os “parvos”, ou o que é o mesmo, “algúns” do pobo.
Os que autorizaron
–ou miraron para outro lado- para que puxeran os carteis nos que aparece
“COLABORA CONCELLO DE A GUARDA” seguramente xa disponen dún feixe de entradas
para levalos fillos/as e netos/as que logo xa tocará a limpeza por parte do
persoal municipal, se non “toca” aguantar os perfúmenes cando veña un pouco de
sol pola Alameda.
E inconcebible que
se siga ca “música” de non hai cartos, e logo si se revisan as contas ou
decretos, se reparte a máns cheas en moita axuda/subvención que non aporta nada
ou casi nada a potenciar a economía local, no sector que está resistindo sin
aopio e colaboura do Equipo de Goberno, que cada vez que se leva unha proposta
de fraccionar os impostos municipais dí que NON, cando se fala de cobrar o
CONSUMO REAL nas vivendas e nos negocios, di que NON, cando se fala de
suspender o pago das terrazas para axudar a hostelería dí que NON, e así nunha
morea de cousas.
Dende Converxencia Galega, vemos como a nosa localidade se
inza de propagandas durante todo o ano de eventos, festivais, feiras, e
mercadillos doutras localidades, provocando o despoboamento do fin de semán, sin
que se faga cumplir as normas vixentes da localidade, tocando como remate cando
se despegan, descolgan ou veñen o chán, ter que recollelos restos o persoal
municipal.
A
Guarda, a 03 de decembro do 2.015
Celso
R. Fariñas
Concelleiro
de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Facenda e Comercio
Sr. Concelleiro de Servizos
Concelo de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario