Construción dunha rampla de accesibilidade na praia Area Grande
O alcalde Antonio Lomba Baz e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero, supervisando ás obras
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A finais do pasado verán, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, solicitou a Costas unha rampla de accesibilidade real para a praia de Area Grande.
Despois de diferentes encontros tanto en Pontevedra coma en A Guarda, o goberno local conseguiu, ademais dos permisos de Costas para construíla, que eles mesmos levasen a cabo os traballos.
Así, a obra, que está actualmente en execución, consiste nunha rampla dobre cun descanso intermedio que cumprirá todos os criterios de accesibilidade.
Os traballos se prolongarán uns dez días.
O orzamento de Costas para realizar esta instalación na Praia de Area Grande é de aproximadamente 12.000 euros.
O alcalde Antonio Lomba Baz e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero estiveron in situ revisando os traballos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario