CONVERXENCIA GALEGA PÓN EN EVIDENCIA Á "INVASIÓN" DE PUBLICIDADE EXTERIOR NO TERMO MUNICIPAL
Celso R. Fariñas: "(...) Nestas datas nas que están intentando facer que o comercio local aporte diñeiro, ou o que é o mesmo, se pague a súa propia campaña de Nadal, volve a ser invadido o noso pobo, ca mirada complacente do Equipo de Goberno do PSOE (...)"
Dous exemplos de publicidade exterior colocada no termo municipal de A Guarda
Fotos: Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
O concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte interpelación:
¡¡UNHA COUSA E PREDICAR E OUTRA DAR
TRIGO!!
No
inicio desta lexislatura, tivemos que “escoitar” todo tipo de debates, sobre o
uso e “abuso” que se estaba facendo sobre os bens públicos, principalmente por grupos
políticos, nas marquesinas e postes do alumeado público, raiando moitas veces,
o insulto e a descalificación, pero sempre, sen facer uso da Ordenanza
Municipal, que especifica o prezo pola colocación de banderolas, e as sancións
correspondentes de quenes infrinxen a normativa.
Pasadas as “fanfarrias” de
ameazas do Concelleiro de Vías e Obras, escomenzaron a “aflorar” distintas e
diversas publicidades, que non só, non pagaban as taxas correspondentes, senón
que era un ataque ao comercio local, en momentos moi delicados cara a crise,
como as campañas que os concellos e comercios do arredores ou do país veciño,
desenrrolaban na nosa localidade, nos báculos, sinais de tráfico, carteleras,
etc., sen facer caso da normativa municipal, namentras os nosos “mandamais”
miraban para outro lado, non facendo cumplir aquelo que eles aprobaron.
Nestas datas nas que están
intentando facer que o comercio local aporte diñeiro, ou o que é o mesmo, se
pague a súa propia campaña de Nadal, volve a ser invadido o noso pobo, ca
mirada complacente do Equipo de Goberno do PSOE, para que por tódolos medios
posibles se nos “invite” a gastar o diñeiro noutros lugares, sin que paguen os
prezos e taxas públicas das Ordenanzas Municipais sobre publicidade na vía
pública, e moito menos, usando e “abusando” dos béns públicos.
Quédannos varias preguntas, ¿e esa a maneira de apoiar
e potenciar o comercio local? Como se pode observar, algunha da publicidade
leva o carimbo da Cámara, ¿está disposto o noso Concello a desenrrolar campañas
dirixidas o comercio noutros lugares da zoa? Sería importante saber cantos
ingresos ten feito o Concello de A Guarda polo concepto de ocupación e
instalación publicitaria nos bens público, seguramente o resultado é cero,
¿Porqué non eliminan a Ordenanza e deixan que cada quen faga o que lle “pete”?
pasa o mesmo co asunto de vaias e outras
ocupacións de vía pública que non se axuntan nín tampouco cumplen con aqueles
textos aprobados polo Equipo de Goberno do PSOE, que na maioría das ocasións
somentes se lles aplican aos comercios e veciños/as de A Guarda.
¿En que quedaron as ameazas
expostas no Pleno polo Concelleiro de Vías e Obras? Seguramente as remitiu a
outro departamento da súa Concellalía, ¡¡remataron no lixo!!
¿Cómo é posible que para
facer a Campaña de Nadal se lles pida ao Comercio local que aporte 50€, e logo,
incumplindo a normativa municipal, se permita que se “encha” todo o pobo con
publicidade invitando a guardeses/as a mercar fora da localidade? ¡¡Iso é
coherencia, Sra. Concelleria de Comercio e Deputada Provincial!! ¡¡Así vai a
economía do noso concello de portas pa dentro e moito pior na rúa e no comercio
local!!
A
Guarda, a 04 de decembro do 2.015
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Comercio
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Sr. Secretario Acctal.
Concello de A Guarda


Ningún comentario:
Publicar un comentario