30 de dec. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA MOCIÓN CON PROPOSTAS CONCRETAS PARA TENTAR EVITAR OS EFECTOS   DO GAS RADÓN


Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal de A Guarda


Infogauda / A Guarda 


 Para seu debate, e aprobación se procede, na vindeira sesión plenaria ordinaria, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte proposta:  

                               
GAS RADÓN E CANCRO DE PULMÓN

 Dende fai moito tempo e cada vez máis, se ven levando a cabo diversos estudos que relacionan a acción do gas radón co cangro de pulmón nos non fumadores, e dándose un 80% nas mulleres, sendo as conclusión que a causa principal na nosa terra era a escasa ou nula ventilación dos sotos das vivendas, donde se acumula, especialmente naquelas asentadas en bases graníticas, que de xeito soltan emanacións de dito gas.

 Nestes días está sendo noticia a tese da neumonóloga do CHUVI, Dra. María Torres,  que mereceu sobresaínte cum laude, baixo a dirección do profesor Ruano, de Medicina Preventiva da Facultade de Medicina de Santiago.

 Distintos partidos e colectivos veñen solicitando directamente dos séus concellos para que se tomen medidas sobre o asunto e o mesmo tempo se leven a cabo convenios cas universidades galegas para desenrrolar diversos estudos e traballos sobre a situación nas dependencias municipais locais, así como tamén alternativas a desenrrolar en edificios e vivendas.

 Hai que facer referencia que na U.S.C. se ten desenrrolado un “mapa” de medicións sobre a concentración en distintas comarcas e plantexa diversas alternativas para a súa reducción.

 Así mesmo, hai que ter en conta que xa fai algúns anos, o Senado, aprobou distintas iniciativas para o estudo e desenrrolo de alternativas para controlar e eliminar no posible a concentración deste gas canceríxeno.

 Na lexislación española e dalgunhas comunidades se fala da búsqueda de solucións, e así, no Decreto 262/2007, donde se aproban que debe cumplir o hábitat galego, nos apartados 1.1.A.1.3 e I.D.2.3.1. do Anexo, adicados a calidade ambiental e sustentabilidade, sinálase: “(…) terase especial consideración na eliminación da posible contaminación das vivendas por gas radón (…)”.

 Dende fai anos, en distintos países de Europa e nos EE.UU., se está aplicando a ventilación forzada dos sotos e bodegas, situación que non é moi custosa para os edificios. Pola outra banda, a Organización Mundial da Saúde, (O.M.S.), ven de instar aos gobernos a tomar medidas para a redución da acumulación de radón nas vivendas. E no Título VII da Directiva Comunitaria 96/29/EUROATOM, pasada logo o Real Decreto 783/2001, ínstase a tomar as medidas pertinentes nas actividades laboraris nas que existan fontes naturais de radiación, e a realizar os estudios necesarios co fin de determinar se existe un incremento significativo da exposición dos traballadores e usuarios a elementos radiactivos.

 Por todo o exposto, dende Converxencia Galega vimos a presentar para o séu debate e aprobación, a seguinte Moción:

a).- Desenrrolo dunha campaña informativa sobre os efectos do gas radón, a súa incidencias e as distintas medidas preventivas para minimizar a súa acumulación.

b).- Medición dos índices de gas radón nas instalacións públicas do Concello. 

c).- Buscar acordos cas universidades galegas, para promover a medición nos fogares que o desexen.

d).- Elaborar unha Guía explicativa a incorporar nas indicacións sobre o otorgamento de Licencias de Obras.



A Guarda, a 27 de Decembro do  2015




Celso Rodriguez Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega 



Alcalde-Presidente
Concelleiro de Urbanísmo
Concelleiro/a de Sanidade
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario