7 de dec. de 2015

A GUARDA

Unha trintena de rapaces participan na sesión de Contos Contados da Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de A Guarda acolleu unha nova sesión de Contos Contados
Fotos: C. A.G.


Infogauda / A Guarda

 O pasado sábado, día 5 de decembro, celebrouse ás 11 horas na Biblioteca Municipal de A Guarda, unha nova sesión de Contos Contados.  

 Unha trintena de nenos, con idades moi diversas e algúns acompañados polos seus pais, puideron gozar dun conto moi entrañable “La magia de la Navidad”


Os debuxos dos participantes na sesión de Contos Contados están expostos na Biblioteca Municipal

 Despois do conto, os rapaces asistentes fixeron un debuxo relacionado co conto de Nadal. Os debuxos están expostos na biblioteca e servirán como decoración nas Festas de Nadal.  

 Os nenos máis pequenos se divertiron xogando con contos con sons e texturas ademais de con libros-puzzle.

Ningún comentario:

Publicar un comentario