7 de dec. de 2015

A GUARDA

Obradoiros infantís, mercados de artesanía e concertos varios, entre as actividades programadas para o Nadal 

Montserrat Magallanes Álvarez, Antonio Lomba Baz e Elena Baz Rodríguez presentaron á Axenda de Nadal
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Esta mañá, luns día 7 de decembro, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, a Concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, e a Concelleira de Turismo e Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez, presentaron a Axenda de Nadal.  

 Có acendido das luces o pasado sábado se lle deu o pistoletazo de saída ás Festas de Nadal. Así a partir desta data e ata xaneiro, hai actividades programadas tanto para adultos coma para nenos.  

 Obradoiros infantís onde os rapaces e rapazas farán adornos de Nadal ou instrumentos, mercado de artesanía na Praza de Abastos, festival de pandereteiras ou un concerto de panxoliñas, son algunhas das iniciativas que se levarán a cabo durante os meses de decembro e xaneiro. 

 Ademais haberá festas de inchables, unha Carreira San Silvestre con fins benéficos, espectáculos de teatro e cinema para rapaces ou chocolatadas.  

 Como non podería ser doutra maneira, non faltará a Cabalgata dos Reis Magos e a posterior recepción na Casa dos Alonso na tardiña do día 5 de xaneiro.  

 As actividades, ademais de estar organizadas polo Concello de A Guarda, tamén as hai organizadas por ACIGU, por +k Arte ou pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.  

 O goberno local quere desexar a todos os veciños de A Guarda, e tamén aos visitantes que se acheguen á vila durante estas datas, unhas felices festas e un bo aninovo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario