7 de dec. de 2015

A GUARDA

O Concello de A Guarda celebra un pleno infantil para conmemorar o día da Constitución
  
O Salón de Sesions do Concello de A Guarda estivo totalmente ateigado de escolares que asistiron o Pleno Infantil para conmemorar á Constitución
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Esta mañá as cadeiras do Salón de Plenos do Concello de A Guarda foron ocupados por uns representantes municipais e un público moi especial. Alumnos de 5º de Educación Primaria dos colexios Solanas, San Xerome, Sangriña e Manuel Rodríguez Sinde, participaron no pleno organizado pola Concellería de Educación para celebrar o Día da Constitución.  

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, foi o encargado de presentar este pleno, destacando o valor de que os nenos se acheguen ao Concello xa que “esta tamén é a súa casa”.
   


 Neste pleno, os diferentes centros presentaron as súas mocións ó equipo de goberno, formado polos escolares do colexio Solanas, os que, dende a alcaldía propuxeron o regulamento do tráfico na Alameda.  

 Os nenos do centro San Xerome propuxeron a adaptación da piscina municipal, os alumnos do CEIP A Sangriña a mellora na rede WIFI na Guarda e pola súa banda, os escolares do CEIP Manuel Rodríguez Sinde propuxeron melloras nas infraestruturas da Sscola de Música e no pavillón municipal. 

 No apartado de rogos e preguntas, os escolares debateron, por exemplo, sobor da oferta cultural para os nenos ou da mellora do servizo de urxencias.  

 Xa son moitos os anos que o Concello de A Guarda leva a cabo esta iniciativa para conmemorar o Día da Constitución. O obxectivo é que, ademais de mostrar aos máis pequenos que é e para que sirve a Constitución, con esta actividade os escolares se familiarizan dunha maneira divertida coa política municipal, que é a que máis lles pode afectar.  

 O alcalde, xunto coa Concelleira de Educación, Elena Baz Rodríguez e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, asistiron ao pleno e afirmaron estar moi atentos as propostas para, se se pode, incluílas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario