16 de dec. de 2015

MOS

MULLERES DE VARIAS FORMACIONS POLÍTICAS PARTICIPARON NUNHA CHARLA-DEBATE SOBRE FEMINISMO

O evento  tivo lugar no CSCD As Pedriñas



Vanessa Guisande / Mos

 O pasado sábado día 12 de decembro, tivo lugar no CSCD As Pedriñas, unha charla-debate sobre Feminismo, na cal asistiron como ponentes Sara (concelleira do PP de Mos), Auri (concelleira de GañaMos, de Mos), Vanessa (secretaria de prensa CCD Mos), Trini (Activista de Feministas Galegas,. Victoria (BNG) e Patri (Secretaria de Igualdade-Podemos, Porriño).

 Cada unha espuxo a súa particular maneira de defensa e apoio o feminismo, e con elo a todas as mulleres, deixando nun segundo plano, que non de lado, o partido o que pertencen, unidas por un beneficio común. Todas elas apoiaron a idea de llevar a cabo este tipo de charla debate o longo do próximo ano, así como talleres sobre machismo, micro machismos, etc..

 Dende CCD Mos queremos agradecer As Pedriñas por esta iniciativa e por facilitar as súas instalacións para llevala a cabo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario