1 de dec. de 2015

A GUARDA

Aberto o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de Nadal e na actividade “Nadal na auga”  



Infogauda / A Guarda

 Este martes día 1 de decembro, ábrese o prazo de inscrición para participar nos diferentes obradoiros para nenos organizados polo Concello da Guarda e para a actividade “Nadal na auga”.  

 A maneira de anotarse e achegándose ao Concello, tanto no Departamento de Cultura coma na OMIX.  

 O prazo para anotarse nos obradoiros é ata o xoves día 10 de decembro, e están abertos para nenos e nenas de entre 4 a 12 anos. As actividades están programadas para o sábado día 12, o martes 22 e o martes 29 de decembro, en horario de 10 a 13 horas. Durante este tempo os rapaces e rapazas a prenderán a facer diferentes elementos decorativos de Nadal. Os obradoiros serán na Casa dos Alonsos.  

 Ademais durante a mañá do sábado, día 19 de decembro, na Praza de Abastos haberá unha animadora.  
 Nadal na Auga  
 Aqueles interesados en participar na actividade “Nadal na Auga” que se levará a cabo na Piscina Municipal, teñen o prazo de inscrición aberto ata o día 16 de decembro. Os rapaces e rapazas deberán ter unha idade comprendida entre os 6 e os 16 anos. A inscrición, que deberá facerse na OMIX, ten un prezo de 20 euros.  

 “Nadal da Auga” se realizará os días 21, 22 e 23 de decembro, e os 28, 29 e 30 do mesmo mes.  

 Durante a actividade os nenos e nenas realizarán todo tipo de actividades na auga, así farán xogos, buceo, baile...

Ningún comentario:

Publicar un comentario