1 de dec. de 2015

A GUARDA

O PP lamenta que non se cumplan os acordos plenarios

O PP acusa ao grupo de goberno de intentar desviar a atención nos plenos para agochar a súa ineficacia

Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular de A Guarda

Infogauda / A Guarda


 A voceira do Partido Popular de A Guarda, Conchi Ortega Martínez, considera que o grupo de goberno intenta durante as sesión plenarias desviar a atención dos temas importantes que lle afectan á Guarda, para agochar a súa ineficacia.  

 Explica que o que o goberno local intenta facer de cada pleno é “unha sesión de control ao Goberno central e autonómico ou atacar ao Partido Popular local para non asumir as súas responsabilidades. O grupo de goberno nomea tantas veces a Montoro, que parecería que se trata de un concelleiro da Guarda”.  

 Durante o último pleno celebrado, o pasado venres, o PP presentou 5 mocións e máis de 15 preguntas, exercendo o labor que lle corresponde como grupo da oposición.  

 Con todo, os populares amosáronse medio satisfeitos co desenvolvemento do pleno, ao aprobarse por unanimidade as mocións presentadas polo Partido Popular relativas á posta en marcha de un portal de transparencia para que todos os veciños teñan acceso á información importante que parte do Concello, a moción para a mellora das condición do pavillón da Sangriña, a moción para solicitar a continuidade das excavación no monte de Santa Trega ou a moción contra a violencia de xénero nos colexios de A Guarda. A portavoz lamenta de despois no se cumpran os acordos plenarios...  

O Portal de Transparencia é unha proposta do Grupo Municipal do Partido Popular de A Guarda

 O Grupo Popular, retirou a moción do IBI, tralo compromiso do grupo de goberno de volver ao tipo xeral, a pesar de que a súa intención nun principio era manter o tipo elevado de 2015. “Supoñemos que as dúas mocións da oposición fixeron que cambiaran de opinión”.  

 Con todo, o PP presentará unha nova moción para solicitar diferentes bonificacións de tipo social e para fomentar o emprego.   

 Ademais das moción presentadas polo Partido Popular aprobouse a ordenanza de subvencións para os deportistas, de maneira que poidan recibir unha axuda por parte do Concello para sufragar parte dos gastos que teñen nos seus desprazamentos. Ortega explica que se trata de unha ordenanza que levan anos prometendo e a pesar de que o Partido Popular levaba meses advertindo de que había que aprobala con urxencia, non o fixeron ata o pasado pleno, de forma que se perderon as subvencións de 2015.  

 No tema da aprobación inicial dos estatutos do Padroado do Monte Santa Trega os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular afirman que se abstiveron entre outras razóns, porque non participaron na súa redacción pero pensan en presentar alegacións. O Grupo municipal popular era partidario que se retirasen ata mais consenso cas comunidades, que se tentou na mesma mañá do pleno, pero algunha das partes non apareceron a reunión e eso debilitou a nosa posición. A portavoz popular afirmou: “Fixen o que puden chamando o Alcalde para explicar a posición da comunidade de Camposancos, non sei si o Alcalde Pedáneo de Camposancos fixo o mesmo, que seguro lle houbesen feito mais caso a hora de deixar os estatutos sobre a mesa” 

 O PP apoiou ademais varias  iniciativas de outros grupos da oposición como o de solicitar unha nova gardería para A Guarda. “Era algo que o PP contemplaba tamén no seu programa electoral, valoramos a posibilidade de presentar unha moción tamén neste pleno, pero ao final decidimos esperar para coñecer as liñas xerais de actuación do recén nomeado Conselleiro de Asuntos Sociais  tralo cambio de Xerente do Consorcio de servizos de igualdade e benestar”, sinala Conchi Ortega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario