Louzán considera que “non hai partido na provincia presente unha candidatura como o PP”
• As listas populares presentan un 70% de renovación.
Alberto Núñez Feijóo presidiu o acto do PP provincial no que foron presentados os 26 integrantes das candidaturas ao Congreso e ao Senado
Infogauda / Pontevedra
Arroupados polo presidente rexional do partido, Alberto Núñez Feijóo, o PP provincial presentou aos 26 integrantes das candidaturas ao Congreso e ao Senado que esta formación presenta para as eleccións do 20 de decembro e que segundo recalcou o presidente provincial Rafael Louzán, se caracteriza por unha “elevadísima renovación”, superior ao 70% só nos candidatos titulares, e por conformar “unha lista equilibrada, na que están representadas todas as comarcas da provincia”.
Neste sentido, Rafael Louzán, indicou que “na conformación das listas populares buscouse darlle un peso específico ás principais cidades da provincia, pero tamén a representación de todas as demais comarcas, como o Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Salnés, Condado-Paranta, Morrazo, Caldas e Baixo Miño”.
Explicou ademais que non se buscaron cotas senón a mellor representación, e indicou que os integrantes das dúas candidaturas (cámara alta e baixa) son un total de 12 mulleres e 14 homes, cunha media de idade de 45 anos.
Louzán asegurou que se tratou ademais de combinar a experiencia nos tres niveis da administración coa renovación e a ilusión de traballar pola súa provincia.
“Non hai candidatura na provincia que presente un cartel coma o noso, e menos aínda con unha cabeza de lista coma a nosa, porque incluso me atrevo a dicir que non hai ningúen nesta provincia que fixera tanto por Pontevedra como Ana Pastor”, relembrou Louzán.
“Temos, en definitiva, ao mellor equipo e aos máis preparados, porque para recuperar totalmente este país fai falta xente con experiencia, que saiba de que fala, que saiba negociar, xestionar e sobre todo dar solucións”, sinalou o líder provincial.
“Non hai tampouco - engadiu Rafael Louzán - ningún partido que poida darnos leccións de nada, e moito menos os alumnos de Zapatero, porque cando tiveron a súa oportunidade non a souberon aproveitar, ao contrario, despreciaron a Galicia e despreciaron a esta provincia”.
En alusión directa ás declaracións realizadas pola presidenta da Deputación, e concelleira de Vigo, Carmela Silva, nas que asegurou, na presentación da candidatura do PSOE que todos os proxectos que se executaron nos últimos catro anos na provincia quedaran asinados e acordados polo anterior goberno do PSOE, Louzán recordoulle aos socialistas que “a única herdanza que deixou foi un país ao borde da quebra, con facturas por pagar e todo por facer”.
“Como pode ter esta señora o atrevemento de falar do que fixo o deixou o de facer o PP cando o seu xefe-instrutor de Vigo prometeu en 2007 que o AVE chegaría en 2012 a Vigo”, relembrou o presidente provincial.
En canto aos resultados, Louzán explicou: “Fixemos unha lista gañadora, pero sabemos que isto non abonda, temos que seguir explicando o noso proxecto de futuro, e concienciar á sociedade do que suporía para este país unha volta ao pasado. Sabemos que os resultados non van ser os mesmos que hai 4 anos, porque nin as circunstancias son as mesmas nin antes sufrimos o desgaste propio de estar gobernando, pero aspiramos a unha maioría absoluta”.
LISTA AO CONGRESO
ANA PASTOR JULIÁN
IRENE GARRIDO VALENZUELA
PILAR ROJO NOGUERA
SILVESTRE JOSÉ BALSEIROS GUINARTE
TOMÁS FOLE DÍAZ GONZALO
JORGE ORDÓÑEZ PUIME
ANA SIMÓNS SÁNCHEZ
SUPLENTES
SHEILA FERNÁNDEZ COBAS
RUBÉN OUBIÑA PAZ
SALOMÉ TRONCOSO VIÉITEZ
ÓSCAR SOTO ABADÍN
JUAN MANUEL BAPTISTA OVIEDO
ANDRÉS SAMPEDRO FERNÁNDEZ
JORGE CALDAS DOMÍNGUEZ
MARÍA DEL CARMEN ALONSO ALONSO
CONCEPCIÓN ISOLINA SOMOZA CALVIÑO
PABLO NOVÁS CABALLERO
CANDIDATOS AO SENADO
MARTA LUCIO GÓMEZ
SUPLENTES
RAFAEL LOUZÁN ABAL
ROCÍO DE SINDE PENAS
MIGUEL FIDALGO IGLESIAS
SUPLENTES
MARÍA ELVIRA LARRIBA LEIRA
MANUEL ÁNGEL LORES BUEZAS
JOSÉ CRESPO IGLESIAS
SUPLENTES
JESÚS OTERO VARELA
CONCEPCIÓN ORTEGA MARTÍNEZ
Ningún comentario:
Publicar un comentario