20 de nov. de 2015

A GUARDA

O G.E.S de A Guarda ven de publicar á memoria de actividades 2014-2015  

                          Foto: G.E.A. de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Grupo de Emerxencias Supramunicipais (G.E.S) de A Guarda, acaba de publicar a súa memoria de actividades 2014-2015. Nestas memorias, veñen reflexadas todas aquelas intervencións en emerxencias nas que actúan os profesionais deste grupo, quedando aparte nos datos das memorias as outras tarefas que realizan, como son as de prevención de riscos, ou outras tarefas para o Concello de A Guarda.  

 Este grupo, que o compoñen 12 traballadores profesionais das emerxencias, formados para tal contínuamente e coñecedores da zona de traballo, cun horario de 24 horas o día os 365 días do ano, está activo na zona do Baixo Miño dende agosto de 2013. 

 Estes grupos foron creados pola Xunta de Galicia, para completar a maia de emerxencias de Galicia. 

 No ciclo 2014-2015, veñen a superar as intervencións do anterior, facendo un total de 974 no 2015, deixando patente a necesidade do servizo, e a profesionalidade do seu equipo, e ademais, sendo un dos grupos máis activos de Galicia.  
 Actuacións de moi diversas índoles
 Este grupo de emerxencias, actúa sobre todo en accidentes de tráfico, e onde a súa labor é máis importante, cando as víctimas atrapadas necesitan ser excarceladas. Actuacións en incendios de vivendas, vehículos, garaxes ou fábricas, e tamén, sen ser menos importantes, a intervención en incendios forestais. 

 Tamén entre as moitas intervencións que conta este grupo, destacan os rescates de persoas en situacións difíciles, como lugares angostos, nas pedras do mar ou no monte, actuacións en accidentes laborais, búsquedada de persoas desaparecidas, e ata cando son solicitados para retirar da estrada animais feridos ou abandonados, que corren o risco de ser atropelados ou provocar accidentes. No caso dos animais, non solo se inclúen cans, gatos ou animais salvaxes, senon que últimamente, e debido o aumento da Vespa velutina, cada vez son, máis on niños destas que retiran na zona.  
 O futuro do G.E.S
 A continuidade de estes profesionais da emerxencias, que levan prestando os seus servizos dende o ano 2013 a zona de A Guarda, Oia, Tomiño e O Rosal, está no aire, xa que, dende a Xunta de Galicia, si confirma a continuidade dos G.E.S, aportando o apoio económico pactado para eles, o igual que as diputacións, pero a última palabra está en mans dos concellos sede, neste caso, no concello de A Guarda, quenes serán os que decidan sobre o aportar seguridade profesional os veciños de A Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario