20 de nov. de 2015

O ROSAL

O POETA FRANCISCO ÁVAREZ ÁLVAREZ (KOKI), FIXO UNHA LECTURA DE POEMAS NO COLEXIO PÚBLICO "MANUEL SUÁREZ MARQUIER"

O acto cultural foi organizado pola Dirección do centro educativo

Xosé Manuel Méndez Díaz - a esquerda da imaxe - presentando o poeta e escritor Francisco Álvarez - Koki
Fotos: Loli Estévez

Francisco Álvarez - Koki - a esquerda da imaxe - dirixíndose os escolares do Colexio Público Manuel Suárez Marquier


Infogauda / O Rosal


 Nestes días convulsos, nos que os seres humans semellan ser enemigos dos seus conxéneres, e nos que os reloxos marcan tempos de incerteza e mesmo de desacougo, resulta gratamente reconfortante que a voz de un poeta como Francisco Álvarez Álvarez (Koki), se achegue ás aulas. 

  Convidado pola Dirección do Colexio Público "Manuel Suárez Marquier", de O Rosal, o poeta, escritor, dramaturgo e xornalista Francisco Álvarez Álvarez (A Estivada - A Guarda, 1957), ven de facer na mañá de onte xoves día 19 de novembro, unha lectura de poemas da súa autoría diante de unha audiencia formada por escolares do devandito centro escolar.

 Que a poesía chegue ás escolas, significa que aínda hai futuro. Que ainda queda tempo para á espranza, para o amor, para o canto á libertade. Para á fraternidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario