15 de nov. de 2015

DEPORTES

HASSAN LEKHILI, VENCEDOR ABSOLUTO DA XXXIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO 2015, DE OURENSE

A vencedora en féminas, foi Solange Andreia Pereira da Ponte

Hassan Lekhili, cubrindo os últimos metros cara á meta
Fotos: Infogauda

Infogauda / Ourense


 Con unha temperatura de 9 graos, á cidade de Ourense, acolleu este domingo día 15 de novembro, unha nova edición da Carreira Pedestre Popular San Martiño, que voltou a rexistrar un éxito total de participación, de afluencia de público, de nivel deportivo e de organización.

Vista parcial da liña de saída

 Antes de dar comezo á carreira absoluta, gardouse un respectuoso e emotivo minuto de silenzo en lembranza das víctimas de París.

 A saída carreira daríaa o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.

 Desde os arredores do Pavillón Municipal dos Remedios, ata á Ponte do Milenio, unha moitedume de atletas procedentes de tódalas provincias galegas, déronse cita na cidade ourensá, facendo deste evento todo un grato acontecemento deportivo, que foi seguido de preto por numeroso público situado en diferentes lugares do percorrido que totalizaba 10 quilómetros.

 Hassan Lekhili, con un crono de 00:30:52, foi o vencedor absoluto da XXXIX Carreira Pedestre Popular San Martiño, 2015, celebrada na cidade das Burgas.

 En segunda posición, entraría na liña de meta Carlos Villamor Castiñeira, con un rexistro de 00:31:09.

 En terceiro lugar, chegaría Víctor Riobó Villanueva, con un tempo de 00:31:28, seguido de Daniel Barguiela Araujo, con un crono de 00:31:36.

Solange Andreia Pereira da Ponte - a dereita da imaxe - achegándose á liña de meta nos derradeiros metros da carreira absoluta


 A vencedora en féminas, foi Solange Andreia Pereira da Ponte, con un tempo de 00:34:48.

 A segunda clasificada foi Joselyn Daniely Brea Abreu, con un tempo de 00:35:00.

 En terceira posición clasificouse Paula Mayobre González, con un rexistro de 00:35:24.

Ariana González Verde - entre dous atletas varons - enfiando o final da carreira

Na imaxe vemos a Songhy Pena Lomba - segundo pola dereita - correndo os derradeiros metros da proba


Borja Cadilla Lomba, encabezando ese grupo de atletas que se dispoñen a cruza-la liña de meta


 Un ano máis, á representación de atletas de A Guarda e do Rosal, foi importante. Alí pudemos ollar deportistas da Sociedade Atlética do Trega e tamén outros corredores - como Rafael Rodríguez Rodríguez, Songhy Pena Lomba, Borja Cadilla Lomba, Ricardo Rodríguez Martínez, Alejandro Martínez Martínez, ..., entre outros - que participaron por libre. En todo caso, compre destacar a Ariana González Verde, da Sociedade Atlética do Trega, que con un tempo de 00:40:25, acadou o posto 15º de un total de 992 féminas participantes, e o posto 511 de un total de 4.538 atletas que cruzaron a liña de meta. Na súa categoría (Senior Feminina) acadou o posto 8º de un total de 381.

Ningún comentario:

Publicar un comentario