5 de nov. de 2015

BAIXO MIÑO

PROCESO DE VOTACIÓN DE PRIMARIAS DE INICIATIVA POLA UNIÓN NO BAIXO MIÑO


 Desde que o pasado 12 de outubro aprobamos o Regulamento de Participación e o Calendario para o proceso de Primarias Abertas, fomos cumprindo todos os prazos fixados. Fixémolo co obxectivo inicialmente marcado: que tanto o Regulamento como o Calendario puidesen servir de proposta para un proceso de confluencia se finalmente a aposta por unha candidatura galega de carácter soberano e obediencia exclusivamente galega, en busca dun grupo parlamentar propio, atopaba apoios fóra do ámbito da Iniciativa pola Unión. 

 Éramos, e somos conscientes, que nunca a man pode deixar de estar tendida para quen quixer participar nun proceso destas características, mais en ningún momento cometemos a irresponsabilidade de ficar á espera sen facer nada. Os prazos para confluír nunha candidatura ampla son os que son e se queremos facer partícipes moitas persoas para involucralas nesta carreira por conseguir que o pobo galego teña voz propia non subordinada en Madrid, temos que abrir as cancelas a esa participación. Era a nosa obriga e é o noso cometido. Correr cos pés lixeiros.  

 Buscamos abrir a participación da mocidade, abrindo a posibilidade de que poidan votar todas as persoas que teñan cumpridos 16 anos o día 20 de decembro, amosando a nosa posición a que poidan ter, nun futuro próximo, dereito a voto en calquera elección política. 

 Todas as persoas censadas poderán elixir as persoas que conformarán as candidaturas promovidas por IpU (NÓS – CANDIDATURA GALEGA) ao Congreso e ao Senado na circunscrición electoral. Non se aceptará ningún cambio despois de pechado o censo. As candidaturas son en listas abertas. Hai que riscar na papeleta o nome da persoa que eliximos de entre todos os que figuran nela. Vai haber tres papeletas e tres urnas diferentes. Así, isto é o que se vai poder votar e como se vai poder votar: 

– Elixir a persoa que encabece a candidatura ao congreso. Só se  pode votar por unha. 

– Elixir as persoas que formarán o resto da candidatura ao Congreso. Non hai mínimo de votos mais si máximo. Só se poderá votar como máximo o seguinte número de persoas: 

A CORUÑA: Máximo a 4 persoas. 
LUGO: Máximo a 1 persoa. 
OURENSE: Máximo a 1 persoa.
 PONTEVEDRA: Máximo a 3 persoas. 

- Elixir as persoas que formarán a candidatura ao Senado. Non hai mínimo de votos mais si máximo. Só se poderá votar como máximo 2 persoas en cada provincia.  

 Na Comarca do Baixo Miño pódese votar de xeito presencial nos seguintes puntos:  

Tui: Na Sala Félix Rodríguez, na Traseira da Área Panorámica. 
Tomiño: Na Casa da Cultura O Rosal. Nos baixos do Concello.
A Guarda: No Sinde vello. 
Oia: Casa da Cultura de Oia.  

 O horario tanto da votación presencial, como da votación telemática vai se este domingo 8 de novembro dende ás 11:00 até ás 15:00.  

 Ante calqueira dúbida poden contactar con nós no enderezo electrónico primarias@polaunion.gal, ou, no teléfono 616 090 632. Máis información na web de IpU

Candidaturas da IpU:  
LUGO 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario