O CINECLUB POLEIRO SEGUE CO CICLO DE OUTONO EN GOIÁN
HOXE XOVES, 5 DE NOVEMBRO, ÁS 21:30 HORAS NO AUDITORIO
Rita Alonso / Goián
Este xoves, 5 de novembro, Mommy (2014), produción de Canadá, dirixida por Xavier Dolan. Nunha Canadá de ficción, apróbase una lei que permite aos país internar en centros especiais a fillos problemáticos,difíciles de controlar. Diane Despres, una nai viuva con carácter, decide educar ela mesma ao seu fillo adolescente, Steve, que padece ADHD e que pode chegar a resultar violento. A veciña ofrécelle axuda á nai. A relación entre os tres faise cada vez máis estreita.
Premios
Premios César: Mellor Film extranxeiro.
Festival de Cannes: Premio do Xurado, 2014
Xoves 03 de decembro, chega Timbuktu, (2014), produción Mauritania-Francia, dirixida por Abderrahmane Sissako. Un drama sobre o yihadismo. Ano 2012. A cidade de Tombuctú (Mali) caeu en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive na dunas coa sua esposa, a sua filla e un neno pastor. Os yihadistas imponen o réxime de terror na cidade e lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. Prohíben escoitar música, reir, fumar e xogar ao futbol. O protagonista debe enfrontarse ás leis dos ocupantes extranxeiros cando mata accidentalmente a un pescador.
7 Premios César incluindo mellor película e director. Festival de Chicago: Mellor director.
Xoves 14 de xaneiro, Pride, de Matthew Warchus (2014) Comedia dramática británica basada en feitos reais sobre a homosexualidade. En 1986, un grupo de gays e lesbianas recollen cartos para apoiar una folga de mineiros no Festa do Orgullo Gay en Londres. O Sindicato Nacional de Mineiros rexeita os cartos e comenza a historia,...
O BONO PARA AS TRES PELÍCULAS CUSTA 8 EUROS
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Máis información: Ramón Álvarez. Teléfono: 629 735 337

Ningún comentario:
Publicar un comentario