CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA Á RECOLLIDA DE ANIMAIS MORTOS PRETO DA ZOA ESCOLAR DE SOLANAS
Josué Álvarez Alonso: "(...) dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Sr. Alcalde e dos Concelleiros/as Delegados/as de Medio Ambiente e Educación, que procedan de xeito inmediato a levar a cabo as xestións oportunas para que eliminen estes focos infecciosos das proximidades deste lugares nas proximidades do lugar de As Solanas".
Cadavre dunha tartaruga laude, varada no litoral, preto da zoa escolar de Solanas (A Guarda) - Fotos: Converxencia Galega
Ás imaxes reflicten o avanzado estado de descomposición
Infogauda / A Guarda
Josué Alvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega, en A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas, unha comunicación na que dí o seguinte:
RECOLLIDA DE ANIMAIS MORTOS
Dende fai case un mes, varios veciños e camiñantes que
fan o percorrido entre a Atalaia e a Area Grande, teñen posto en coñecemento
por diversos medios diante das “autoridades municipais”, a presenza de varias
tartarugas mortas na beira do mar en –polo menos dous sitios- da nosa costa, sen
que a día de hoxe se fixera a recollida das mesmas.
Un dos puntos donde se nota máis
molestias e donde se pode estar desenrrolando un foco infeccioso, é a moi
poucos metros das instalacións educativas da zona de Solanas, tanto das escolas
como da Gardería Municipal, tendo a “sorte” que nestes días hai chuvia, e non
se recibe o cheiro apestoso, que se percibe os días en que o sol fai o seu
“traballo” de axudar a descomposición rápida destes elementos.
Despois de haber posto en coñecemento
destes feitos a varias perosas da “casa grande” que viven pola zona, e diante
da inactividade municipal, se puxeron en contacto con nós, para que dende Converxencia Galega fixéramos a reclamación oportuna, para evitar que os riscos
sexan cada vez máis grandes, especialmente para os/as críos/as que acuden o
Centro Educativo D. Nicolás Gutierrez Campo e a Gardería Infantil.
Por todo o exposto, dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Sr. Alcalde e dos Concelleiros/as Delegados/as
de Medio Ambiente e Educación, que procedan de xeito inmediato a levar a
cabo as xestións oportunas para que eliminen estes focos infecciosos das proximidades
deste lugares nas proximidades do lugar de As Solanas.
A
Guarda, a 05 de novembro do 2.015
Josué
Alvarez Alonso
Responsable
Local de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Educación
Sr.
Concelleiro de Medio Ambiente
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario