16 de nov. de 2015

BAIXO MIÑO

SEGUIMOS AVANZANDO: PROGRAMA ELECTORAL E ENCONTRO NACIONAL ABERTO DE NÓS-CANDIDATURA GALEGA


Iniciativa Pola Unión / Baixo Miño

 As conclusións dos Grupos de Traballo do acto de Apertura da Iniciativa Pola Unión que tivo lugar o 27 de setembro en Compostela recollían unha serie de acordos que xa se foron cumprindo nas pasadas semanas, así como a elaboración e redacción dun programa electoral baseado no traballo nunha ou máis comisións, no contacto con colectivos e tamén coas achegas programáticas que poidan enviar a unha caixa de correo telemática persoas a título individual ou colectivos. Ese programa electoral será o compromiso electoral e o guieiro de Nós, Candidatura Galega

 Logo dunha reunión xeral da comisión de programa, finalmente creáronse seis grupos diferentes, entre os que se repartiu o traballo de elaboración de propostas programáticas. Tamén se mantiveron varias reunións con diferentes colectivos (sindicais, agrarios, medioambientais e ecoloxistas, …) ficando aínda pendentes algunhas reunións máis. Unha vez que está xa elaborado un Bosquexo de Programa de Nós, Candidatura Galega, susceptíbel de sufrir modificacións coas posíbeis achegas que se poidan facer, é o momento de que calquera persoa, a vista do que a proposta programática incorpora, poda facer calquera suxestión de achega, modificación, supresión, etc… 

 Estas achegas deben enviarse ao correo-e achegas.programa@polaunion.gal 

 Unha vez que se peche o prazo de achegas a Comisión de Programa fará unha revisión delas e proporá un texto definitivo que se someterá a votación de todas as persoas censadas nas primarias que conformaron as candidaturas de Nós, Candidatura Galega

 Estes son os prazos:  
 Sábado 14: publicación do borrador do programa electoral e envío por email a todas as persoas con dereito a voto. 
 Domingo 15 ao mércores 18: prazo para enviar achegas e suxestións a achegas.programa@polaunion.gal 
Sábado 21: publicación na web e envío ás persoas con dereito a voto da proposta de programa electoral que se somete a votación. 
Luns 23 (20:00 horas) a martes 24 (20:00 horas): votación telemática do programa electoral. Podes descargar en PDF a proposta de programa premendo nesta ligazón.  

 Por outra banda  o domingo 22 de novembro, ás 12 da mañá, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, teremos un ENCONTRO NACIONAL ABERTO, un acto político, mais tamén lúdico. No que daremos a coñecer a candidatura 100% galega, feita coas nosas mans, sen ataduras de ninguén para que Galiza teña voz propia en Madrid. 

 Para iso, para compartir este proxecto con todos os veciños do Baixo Miño, sairán autobuses ás 09:30 dende A Guarda con paradas no Rosal, Tomiño e Tui. É necesario reservar praza no 616090632 antes do venres 20 (7€ persoa agás desempregad@s e menores de balde).

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario