16 de nov. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA PROPOSTA PARA O FINANCIAMENTO DAS ACTIVIDADES DE NADAL

Josué Alvarez Alonso 
Responsable Local de Converxencia Galega    


Infogauda / A Guarda

 Con data do 16 de novembro de 2015, e rexistro de entrada nº 7505, Josué Alvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no Concello de A Guarda, á seguinte proposta:   


FINANZAMENTO DAS ACTIVIDADES DE NADAL   
POSICIÓN DO PARTIDO  

 O pasado lúns, día 9 deste mes, no Salón de Plenos, as 20,30 horas, celebrouse unha Reunión Informativa, convocada polo Sr. Alcalde, co “rimbombante” nome de “ORGANIZACIÓN DO NADAL 2015-2016”, no que acudiron unha morea de comerciantes, saíndo cunha soa cousa clara: “Hai que poñer 50 euros para celebrar o Nadal”. Sin que se supera donde van mercar os “arbolitos e a alfombra”.

 Quedou unha pregunta no aire: ¿Cánto van aportar as “grandes áreas”? Polo que parece, nada de nada… Ríense de nós namentras desaparecen as tendas de cercanías asfixiadas polos impostos municipais.

 ¿Poñerán a música e a iluminación na ponte da Constitución, ou volveremos a esperar as mesmas datas das Festas para instalar a iluminación e sonido?

 Dende sempre, o Concello pagaba o consumo de electricidade e os negocios pagaban unha cuota fixa por cada arco instalado nas cercanías do seu local, e logo unha empresa contrataba a publicidade si a consideraba interesante, ata que un Goberno en despedida, para “quedar ben” fixo unha asamblea co comercio e comunicoulle ao Comercio que deixaban aprobado o acordo de que os que “ían entrar” terían que pagar a iluminación e megafonía do Nadal a partir do primeiro ano do século XXI…¡Daqueles polvos, veñen estes lodos! 

 Dada a crise económica existente, e tendo en conta que estamos no momento de cobrar a paga extra/paga doble, para non recargar ao comercio local,   

 PROPOÑEMOS:   

 Que o Equipo de Goberno do PSOE, aporte a súa paga extra/doble así como tamén, as Asistencias á Xunta de Goberno, para a conta de aportes de pago para o alumeado, megafonía e actividades lúdicas na rúa.  

 Que os partidos da oposición, (BNG, PP, CONVERXENCIA GALEGA, e concelleira non adscrita, aporten o abono de asistencia a Pleno.  

 A Guarda, a 15 de novembro do 2.015

Josué Alvarez Alonso 
Responsable Local     

Ningún comentario:

Publicar un comentario