O BNG presenta unha moción polo 25 “Día da Non Violencia contra as Mulleres”
O BNG solicita a creación do Estatuto de vítima de Feminicidio e a mellora da atención psicolóxica, información e inserción laboral de mulleres maltratadas
Mª Mercedes Martínez Vázquez, concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda
Foto:BNG
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego presentou no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, unha moción a prol da ampliación da acreditación por violencia de machista e da creación do Estatuto do Feminicidio.
“A resposta fundamentalmente penal demostrouse insuficiente, temos que avanzar no apoio económico, psicolóxico e social, así como na prevención para eliminar esta lacra social”, afirmou Mª Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), concelleira do BNG.
O BNG solicita na moción “a modificación da lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero para incorporar a regulación do Feminicidio e o estatuto de protección das vítimas do feminicidio”.
Como avanzou Merchi Martínez “tamén se inclúe da proposta a mellora dos servizos de atención psicolóxica, información e inserción laboral das mulleres que sofren maltrato”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario