16 de nov. de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

CONTESTACIÓN A ÁNGEL LUIS BAZ VICENTE, PORTAVOZ DO BNG DE A GUARDA

 Non podemos ocultar o noso desconcerto  a hora de analizar a nota do portavoz do BNG publicada en algúns medios respecto da urbanización da rúa Calvario.

 Por unha banda habería que considerar se o seu contido é froito do descoñecemento e ignorancia dos asuntos municipais sobradamente posto de manifesto ó longo destes meses por parte deste portavoz. Sen embargo, e a pesar de facer esforzos por ser comprensivos, non se pode deixar de lado algunhas afirmacións que, non estando exentas do anteriormente dito, deixan entrever o mesmo tempo bastante ou moita mala fe posto que el sabe que non son certas.

 Como pode vostede cualificar de preocupante a licitación dunha obra na que estiveron presentes todos os grupos da oposición excepto o  B N G. Quen  a pesar de estar oficialmente convocado fixo deixadez das súas obrigas e non asistiu.

 O procedemento de licitación foi aberto, é dicir, todas as empresas que se presentaron, 24 en total, e todos os grupos municipais coñecían o proxecto e as bases de licitación, excepto vostede que non se tomou a molestia de lelas. As bases puntuaban: baixa no prezo, menor prazo de execución e maior prazo de garantía.

 Estudadas e informadas polo técnico municipal as ofertas presentadas, a mesa de contratación, a que vostede non asistíu, fixo a proposta de adxudicación á mellor oferta como non podía ser doutra forma. Polo tanto todo o demais que vostede di é tratar de enturbar e sementar dúbidas no proceso afirmando que a baixada, transcribo literalmente, do prezo da obra e un despropósito socialista e atribúe a mesma  a unha suposta discriminación na calidade da urbanización nunha zona da rúa que según vostede afecta a tres veciños. Iso é mentira, as baixas das empresas producíronse co único e lexítimo propósito de quedarse coa obra, sempre dentro da máis rigurosa legalidade.

 Por último, como se atreve  a afirmar que a lei obriga a devolver os 55.000€ que aproximadamente se producen de baixa á Deputación sen poder investilos noutra rúa da Guarda. Vostede non leu nin as bases, nin a orden que regula a subvención nin nada. Vostede fala como toca, de oído, e tocar de oído é unha virtude pero falar de oído e un defecto importante.

 Permítanos un consello, non sexa tan soberbio, consulte vostede co seu compañeiro de grupo e anterior portavoz, sexa humilde, el sabe máis disto que vostede e mostrou sempre tamén maior prudencia e coñecemento que vostede. A súas declaracións torticeiras non benefician a ninguén, tampouco a vostede nin o seu grupo, créanos, aínda está a tempo de rectificar.

 A Guarda a 16 de novembro de 2015

                 
Grupo de goberno do Concello de A Guarda  


O portavoz  Miguel A. Español Otero
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario