O PP de A Guarda lamenta que o Concello non lle esixa máis ao Plan de Emprego da Deputación
Conchi Ortega “(...) se trata de un plan de emprego “electoralista”, porque nos dous meses que dura, pouca solución lle pode traer aos concellos.
Antes consensuábase cos alcaldes a época na que podían necesitar máis traballadores, agora faise directamente nos meses de eleccións e campaña electoral”.
Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular de A Guarda
Foto: G.M.P.P.
Infogauda / A Guarda
A voceira do Partido Popular de A Guarda, Conchi Ortega Martínez, lamenta que desde o Concello guardés non se lle esixa máis ao Plan de Emprego da Deputación. “Non entendemos tanto entusiasmo por un plan de emprego electoralista, con contratos de 2 meses de duración (os anteriores eran de 6 meses), cando os custos son elevados para o Concello e con soldos que están sorprendendo aos propios traballadores por non ser os que os dirixentes do PSOE están dicindo”.
“Entendemos ademais - engade Conchi Ortega - que non o critiquen abertamente porque a Deputación agora está gobernada polo PSOE, e non lle pedimos que o fagan porque ao final o importante é crear emprego. Pero sí nos parece unha falta de responsabilidade que o alcalde, como alcalde, non esixa máis e pida melloras, porque con este plan de emprego non se están mellorando nada con respecto ao anterior, ao contrario, empeórano bastante”.
A voceira popular explica que “é sempre unha boa noticia un plan de emprego e máis en concellos coma o de A Guarda, onde a lacra do paro aféctalle a máis de 750 persoas. Pero o que non nos parece responsable é que se fale de contratos precarios cando o Plan de Emprego o pon en marcha o Partido Popular e agora se apoie de forma incondicional e sen esixencias, cando as melloras dos contratos e as novas condicións son moi discutibles”.
Ortega explica tamén “(...) que se ben é certo que aumenta o salario dos traballadores é porque aumentan tamén as horas de traballo á semana, de 25 a 35 horas, e ese aumento nin sequera se fixo de forma proporcional porque nalgunhas catergorías ese aumento de soldo é insignificante”.
Segundo afirma Ortega “(...) se trata de un plan de emprego “electoralista”, porque nos dous meses que dura, pouca solución lle pode traer aos concellos”.
Ortega relembra que “(...) antes consensuábase cos alcaldes a época na que podían necesitar máis traballadores, agora faise directamente nos meses de eleccións e campaña electoral”.
“Non se tivo en conta que en decembro hai moitas xornadas non laborables, nin as condicións meteorolóxicas que pode haber durante estes dous meses, as peores para traballar no exterior”, explica a concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular.
Recorda ademais “que os cursos de prevención, os recoñecementos médicos e a roupa laboral van a cargo dos concellos, que teñen que asumir un elevado custo para menos de dous meses de traballo. Antes asumían estes custos tamén, pero tratábase de contratos de 6 meses, e non de 2".
Dende o Partido Popular consideran tamén que “o equipo de goberno debería explicar qué prioridades se tiveron en conta á hora de repartir ós 30 traballadores, e se hai algún plan de mantemento urxente. Porque os veciños sí están denunciando continuamente moitas deficiencias e necesidades, pero non se ve que dende o Concello se lle dea solución a ningunha”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario