O sábado celébrase a primeira sesión de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal da vila
Infogauda / A Guarda
Este sábado, día 7 de novembro, na Biblioteca Municipal de A Guarda, comezan as sesións de “Contos Contados”. A actividade comezará ás 11 horas e está aberta a todos os rapaces da localidade.
Esta iniciativa, organizada polas Concellerías de Educación e Cultura, dirixidas por Elena Baz Rodríguez, teñen como obxectivo atraer aos nenos á biblioteca do municipio e ademais incentivar a lectura entre eles.
As sesións de “Contos Contados” se repetirán o primeiro sábado de cada mes. Así, a seguinte cita será o 5 de decembro.
Actividades na biblioteca
Segundo afirma o executivo municipal, "o Concello de A Guarda quere atraer á cidadanía a Biblioteca Municipal, instalada no Centro Cultural guardés. Para iso, se están levando a cabo diferentes actividades que atraen aos lectores.
Así, ademais de celebrar o “Día da Biblioteca” regalando libros aos adultos e facendo diferentes obradoiros cos rapaces e rapazas e programando as sesións de “Contos Contados”, tamén están en activo os clubes de lectura, nos que os seus membros se xuntan para comentar un libro escollido previamente entre todos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario