16 de nov. de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA


ACTO DE SOLIDARIDADE CO POBO FRANCÉS

 No día de hoxe, luns 16, as 12 horas da mañán, levouse a cabo un acto de solidaridade co pobo francés, tralos atentados deste fin de semán por parte dos yijadistas, que se esforzan en levar o medio a toda Europa, ata aquí, nada que obxetar, pero unha vez máis, o equipo de  goberno do PSOE (7 concelleiros/as), se esqueceron da oposición (10 concelleiros) así como tamén, brilou pola súa ausencia, a “legalité, fraternité e igualité”, dando paso a “imaxe” de Luis XVI, na figura do Sr. Alcalde, na súa máxima expresión: “O Concello son eu” e así nos salen as cousas.

 Dende Converxencia Galega queremos informar, que os/as veciños/as que tiveron coñecemento do acto, foron aqueles/a que disponen da APP do Concello, o que unha inmensa minoría, o que conlevou a que na Praza do Reló, estiveran catro “pelagatos” –con todo o respeto para quenes acudiron da cidadanía- máis varios concelleiros/as do PSOE e algúns empregados/as municipais, que “axudaron” a lograr o obxetivo (da cámara fotográfica) e os que mandan saíron no retrato, polo que ¡¡¡premio conseguido!!!

 Quédanos a “gran pregunta”: ¿Porqué non foron convocados/ os restantes membros da Corporación Municipal? Naqueles momentos, polo Concello andaba algunha ex-concelleira, pero tampouco foi invitada, sería bó que buscaran algunha explicación que xustifique este tipo de feitos, xa que ½ hora despois, fomos chamados vía teléfono para que acudamos o vindeiro mércores as 5 da tarde, a unha visita institucional a coñecer o novo Complexo Hospitalario “Alvaro Cunqueiro” ¿Porqué para unhas cousas NON e para outras SÍ?? El e os seus o sabrán!!

A Guarda, a 16 de novembro do 2.015

  

Celso R. Fariñas   
Concelleiro de Converxencia Galega 



Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario