20 de nov. de 2015

A GUARDA

Os murais da iniciativa “Debuxando os meus dereitos” xa decoran os edificios municipais de A Guarda  

                   Un dos murais feitos polos escolares
                             Fotos: C. A.G.


Infogauda / A Guarda

 Os centros escolares do municipio de A Guarda, en colaboración coa iniciativa do Concello “Debuxando os meus dereitos” conmemoran hoxe, 20 de novembro, o Día Universal dos Dereitos da Infancia.  


 En diferentes murais, os nenos e nenas dos colexios guardeses, reivindicaron os seus dereitos. Así, nos debuxos fálase do dereito a crecer en liberdade, a ter unha familia, á saúde e a educación ou á non ser discriminado.  


 Os oito murais, desde hoxe e ata o próximo venres día 4 de decembro, decorarán diferentes edificios municipais da localidade. Así, haberá tres expostos no Concello e outros tres no Centro Cultural. Ademais haberá un colgado na Piscina Municipal e outro decorará o Centro de Saúde. 


 O Concello e os centros escolares animan a todos os veciños do municipio a recorrer os diferentes espazos para ver os variados murais.  

 A finalidade desta campaña é concienciar a cidadanía sobre a importancia dos dereitos na infancia facendo que eles mesmos sexan os principais protagonistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario