A voceira do Partido Popular da Guarda, Conchi Ortega, forma parte da candidatura de Pontevedra ao Senado
• “Sei que o meu traballo nesta candidatura, e despois cos compañeiros que obteñan acta no congreso e no senado, será defender os intereses do Baixo Miño”
Conchi Ortega, xunto a Ana Pastor e Alberto Núñez Feijoó no acto de presentación dos candidatos do Partido Popular
Foto: P.P.
Infogauda / A Guarda
Conchi Ortega, voceira do Partido Popular de A Guarda, forma parte da candidatura que os populares presentan ao Senado nas próximas eleccións xerais do 20 de decembro. Onte participou na presentación da lista en Pontevedra, na que tamén estiveron o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, e o presidente rexional, Alberto Núñez Feijoo.
Conchi Ortega forma parte dunha candidatura renovada nun 70% só nos candidatos titulares e que conta con representación de todas as comarcas da provincia. A voceira da Guarda manifesta a súa satisfacción por formar parte desta lista, e o seu compromiso para seguir traballando por A Guarda e o Baixo Miño. “Quero agradecer - dixo Conchi Ortega - que o partido confiase en min e que tivese presente á Guarda e ao Baixo Miño para formar parte desta candidatura, pero tamén que tivese en conta o traballo realizado polo grupo municipal popular, e de moitos militantes guardeses que colaboran cada día coa nosa labor na corporación”.
Recoñece que aceptou esta proposta porque “todos debemos colaborar e comprometernos para dar un paso máis cara a recuperación económica, e non tres pasos para atrás. Pero sobre todo aceptei porque sei que o meu traballo nesta candidatura, e despois cos compañeiros que obteñan acta no congreso e no senado, será defender os intereses do Baixo Miño”.
Conchi Ortega Martínez forma parte dunha candidatura liderada por Ana Pastor, como número 1 ao congreso, “unha ministra que cumpriu cos investimentos en Pontevedra, e sobre todo co AVE”. Nesta liña, Ortega engade: “É para min un orgullo formar parte dunha lista formada por mulleres da talla de Pastor, de Irene Garrido, presidenta do ICO; Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia; ou Marta Lucio, directora do Museo do Mar de Vigo. Eu non creo nas cuotas, pero si en que as mellores deben de estar liderando a nosa candidatura, e neste caso ninguén pode poñelo en dúbida”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario