CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA DOCUMENTACIÓN SOBRE UN EVENTO PREVISTO NO MONTE SANTA TREGA
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega: “Non imos poñer en dúbida a capacidade organizativa de ninguén, pero consideramos que se deben tomar unha serie de medidas de seguridade, e fundamentalmente da integridade físca de atletas, camiñantes e colabouradores que están nos distintos dispositivos”.
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, presentou este luns día 23 de novembro, no Concello de A Guarda (Rexistro de Entradas nº 7 619), á seguinte comunicación:
CELEBRACIÓN DO II TRAIL DO TREGA (29.11.2015)
Por medio da cartelería exposta polo
comercio local, os/as membros da Corporación Municipal, nos poidemos enteirar
da celebración desta doble proba deportiva, na que colaboran o Concello e as
Comunidades de Montes, entre outros entes públicos e privados.
Non
imos poñer en dúbida a capacidade organizativa de ninguén, pero consideramos
que se deben tomar unha serie de medidas de seguridade, e fundamentalmente da
integridade físca de atletas, camiñantes e colabouradores que están nos
distintos dispositivos.
Por
elo, vimos a solicitar, se nos facilite copia da Póliza de Responsabilidade
Civil, así como tamén, dunha Póliza de Responsabilidade Física, para os participantes nas probas, tanto no
trail como na andaina, así como tamén, da cobertura de tódolos colabouradores e
voluntarios, ben a título individual ou como por medio da Agrupación de
Voluntarios/as de Protección Civil de A Guarda, por parte da empresa
organizadora.
Así mesmo, e dada a dureza da proba principal,
debe existir por parte da Empresa e entregada no Concello, a contratación dunha
ambulancia e dos servicios de asistencia médica que se precisen para a atención
aos deportistas en caso de calquer accidente.
Por
outra banda, e dado o grao de protección de que dispón o Monte Santa Trega,
debe haber sido tramitado o correspondente permiso da Consellería de Cultura.
Por todo
o exposto, dende Converxencia Galega [vimos] a SOLICITAR
copia das correspondentes pólizas de seguro sinaladas, contrato de ambulancia e
demais documentos que son necesarios para garantir o máximo de protección para
os/as participantes en caso de accidente,
contratados pola empresa organizadora, Autorización Autonómica, e tal e
como sinala a Lei, a Póliza que lles da cobertura os/as membros da A.V.P.C. de
A Guarda, tal e como sinala o Decreto 56/2000, de 3 de marzo polo que se regula
a planificación, as medidas de coordinación e … de Protección Civil no seu artigo
54 que manifesta: “(…) deberán contratar un
seguro de accidentes así como de responsabilidade civil por danos a terceiros
que ampare a séus membros fronte os riscos a que están sometidos no exercicio
das súas funcións (…)”.
A Guarda, a
18 de novembro do 2.015
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Patrimonio
Sr. Concelleiro de Deportes
Sr. Secretario Acctal.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario