CONVERXENCIA GALEGA FELICITA O AXENTE PABLO ÁLVAREZ ÁLVAREZ
Fai uns días recibiu o Distintivo de Permanencia no Servizo da Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no concello, este luns día 23 de novembro, con Rexistro de Entrada nº 7.618, á seguinte comunicación:
FELICITACIÓN
POLOS 25 ANOS DE SERVICIO
Tendo coñecemento que fai poucos días nas
instalacións da Academia Galega de Seguridade, o Axente desta localidade D. Pablo Álvarez Álvarez,
recibiu o Distintivo de Permanencia no Servizo da Dirección Xeral de Emerxencias
da Xunta de Galicia, por medio de este escrito, dende Converxencia Galega,
queremos que se lle transmita a nosa felicitación.
A Guarda, a 20 de novembro do 2.015
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario