20 de nov. de 2015

A GUARDA

VARIOS CONCELLLEIROS PROPOÑEN QUE O MUNICIPIO DE A GUARDA SEXA SEDE DA COPA DE LA REINA, 2016


Na imaxe o texto da proposta suscrita por varios concelleiros da Corporación Municipal, e presentada este venres día 20 de novembro, no rexistro de entradas do concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Sendo coñecedores que a Federación Galega de Balonmán está traballando para ser a organizadora da "Copa de la Reina, 2016", e tendo en conta que o Mecalia Atlético Guardés, é un dos dous representantes de Galicia na máxima categoría de balonmán feminino; varios concelleiros da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, presentaron no rexistro de entradas do concello, unha proposta "para que se manteña de maneira urxente unha xuntanza da Corporación Municipal ca Xunta Directiva do Mecalia Atlético Guardés, para estudar e planificar a programación deste evento (...)".

 Os concelleiros asinantes manifestan ser "(...) conscentes de que a repercusión económica que a celebración deste evento pode ter para a hostalaría, restauración e comercio en xeral (...)". 

 Ás razonadas argumentacions dos concelleiros asinantes quedan ben patentes. Agora tócalle mover ficha o grupo de goberno municipal e pór tódolos medios para que A Guarda poida acoller ese importante acontecemento deportivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario