26 de nov. de 2015

A GUARDA

Últimos días para participar nos clubes de lectura infantil e xuvenil 

Vista parcial das persoas participantes nunha reunión precedente do club de lectura da Biblioteca Municipal 
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda ampliou a franxa de idade para participar nos clubes de lectura da Biblioteca Municipal debido ao interese dos propios usuarios. Así, está aberto ata mañá o prazo para que os lectores infantís e xuvenís se unan a esta iniciativa.  

 Aqueles lectores, con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos, e que estean interesados en unirse os clubes de lectura poden dirixirse directamente á biblioteca en horario de tarde para ser apuntados.  

 Xa está fixada a primeira reunión para este grupo. Así, a cita será o sábado, día 28 de novembro, ás 11 horas na Biblioteca Municipal.  

 Con este tipo de iniciativas dende o Concello o que se busca e a dinamización da biblioteca e tamén fomentar a lectura entre todos os veciños de A Guarda, independentemente da súa idade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario