CONVERXENCIA GALEGA FÁISE ECO DA PETICIÓN VECIÑAL NA ZOA DE MUÑO DE BAIXO
Varios/as veciños/as, procederon a tomalo o acordo de poñerse entre eles cas tarefas de limpeza e desbroce das zonas axardinadas
Fotos: Converxencia Galega A Guarda
Infogauda / A Guarda
Josué Martínez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
ARRANXO E LIMPEZA DOS XARDINS
(UN NOVO MURO DE BERLIN)
Despois que estiveran en varias ocasións solicitando
no Concello e a algúns empregados para que se procedera a limpar e arranxar os
xardíns que rodean as Vivendas Sociais da rúa Rosal (Muño de Abaixo, ou Muño de
Mazaracos), tamén coñecida como a Praza
Roxa, para moitos do lugar sin que obtiveran Resposta positiva, xa que nalgún
caso, se deu a situación de ter que enfrontarse ca Concelleiro de Servizos, xa
que, polo que contan, tiña a intención de elimina-las palmeras, o que conlevou
a que se dixeran palabras moi fortes por ámbalas dúas partes, e todo terminara
non rifi-rafe persoal.
Varios/as
veciños/as, procederon a tomalo o acordo de poñerse entre eles cas tarefas de
limpeza e desbroce das zonas axardinadas.
Unha vez rexuntada a
“broza” o que solicitan é que se retire da maneira máis urxente para que non se
dé o espectáculo naquel lugar, polo que transitan a diario moitas persoas, e
que ca ameaza das choivas e ventos pode complicalo asunto.
A Guarda, a 20 de novembro do 2.015
Josué Martínez Alonso
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda


Ningún comentario:
Publicar un comentario