16 de nov. de 2015

A GUARDA

O Concello felicita a María González Portela polo seu 100 aniversario 


María González Portela, coa tarta conmemorativa do seu centenario 
Fotos: C. A.G.


Infogauda / A Guarda

  O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, visitaron na tarde do venres, día 13 de novembro, na súa vivenda, a María González Portela para felicitala no seu 100 aniversario.  

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais, xunto a María González Portela, rodeada de familiares da feliz centenaria


 Na casa, a homenaxeada, atopábase acompañada polas súas fillas, netas e tamén bisnetas.  

María González Portela sorrindo feliz, coa súa praca conmemorativa, xunto á representación municipal do Concello de A Guarda


 Nesta data tan sinalada o Concello de A Guarda fixo entrega a María González dunha placa conmemorativa do seu aniversario, un ramo de flores e unha torta onde soprar as velas.  

 Antonio Lomba e Teresa Vicente despedíronse de María e da súa familia esperándose ver o ano próximo para celebrar o 101 aniversario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario