ENCONTRO DE VETERANOS ARTILLEIROS DE CABO SILLEIRO E DE MONTEFERRO
Ahí están, dando testemuña de que os anos pasaron máis á camaradería continúa
Foto: Manuel Moa
Infogauda / Gondomar
Respondendo á convocatoria do miñorano Moisés, e procedentes de Vigo, Nigrán, Gondomar, Baiona, Oia e A Guarda, unha representación de veteranos artilleiros da Batería de Costa de Cabo Silleiro, pertencentes os reemprazos dos anos 1975 e 1976 - uns polas súas correspondentes quintas e outros voluntarios -, déronse cita onte venres día 23 de outubro, no restaurante Expo, da vila condal de Gondomar.
Para a maioría, este foi o cuarto encontro anual. Para outros foi, o primeiro. En todo caso, todos eles están dispostos a renovar, mentres os deuses sexan propicios, esa cita cos compañeiros de milicia e os recordos. Daqueles días vividos nese enclave privilexiado de Cabo Silleiro (Baiona) -que nos últimos anos está inxustificadamente degradado e a mercé do vandalismo - e no destacamento de Monteferro (Nigrán).
A moviola persoal de cada un deles logrou recompoñer un quebracabezas humano, de nomes de persoas e imaxes de feitos, como o entón capitán Traseiras, ou o seu homólogo Fidalgo, e tamén ao daquela, tenente Vilar, e ao sarxento Ríos, e por suposto a moitos soldados das comarcas do Val do Fragoso, Val Miñor e Baixo Miño, que cumprían coas súas obrigacións patrióticas. Tamén se evocaron nomes dos que ben poderían estar a compartir mesa e mantel, pero que xa están no recordo.
Corenta anos despois, a memoria colectiva dos 16 artilleiros que vemos na imaxe de Manuel Moa, logrou revivir aqueles tempos de camaradería, nas últimas rabexadas dunha etapa do noso país, que xa é historia.
Para o próximo ano, a cita está prevista para o 21 de outubro. Queda pendente a hora e o lugar. Tempo haberá para concretar eses pormenores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario