24 de out. de 2015

A GUARDA

EXFIGALICIA 2015: DIGNÍSIMA HOMENAXE A JUAN ÁLVAREZ SOBRINO, PRESIDENTE DE HONOR DA SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA

Juan Álvarez Sobrino
(Foto: Arquivo / Infogauda)

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Casa dos Alonso acolleu na noitiña do venres día 23 de outubro, á inauguración da EXFIMIÑO 2015, unha magnífica exposición filatélica concebida coma homenaxe póstuma a Juan Álvarez Sobrino, Presidente de Honra da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.).

 O devandito acto, que contou coa presenza de Dona Antonia Estévez Guisande, viuva de Juan Álvarez Sobrino, que estivo acompañada polos seus fillos Juan Antonio, Pablo e Susana, así como por outros familiares e amizades; asistiron, entre outras persoas e representacions, o alcalde de A Guarda, Antonia Lomba Baz, así como varios membros da Corporación Municipal do Concello de A Guarda; o presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), Valentín Suárez Alonso; o historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez; Julia Sobrino González, presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, e a súa vez filla do anterior presidente da SFNG, Francisco Sobrino Rodríguez; Luciano Lomba Vicente, presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, acompañado polas persoas que forman parte da xunta directiva da SFNG, así como varios filatélicos que participan na exposición, e o respetable público que tivo a ben asistir a esa homenaxe.

Cartaz co carimbo conmemorativo, deseñado por Ángel Pérez Martínez
Fotos: Infogauda

 Logo da salutación que fixo Luciano Lomba Vicente, en nome da SFNG, entidade organizadora de EXFIMIÑO, 2015, interviu Joaquín Miguel Villa Álvarez, que fixo unha brillante glosa biográfica de Juan Álvarez Sobrino, destacando ás magníficas cualidades humanas desta persoa, que tiña na Filatelia súa vocación. O mesmo tempo relembrou anédoctas vencelladas á memoria dos sabores dalgunhas especialidades da Confitería Estévez, o emblemático establecemento familiar onde Juan Álvarez Sobrino e súa familia, desenvolveron súa andaina profisional.

 A continuación interviría o alcalde A Guarda, que felicitou os organizadores.

 E finalmente faríao Antonio Álvarez Estévez, un dos fillos de Juan Álvarez Sobrino, que en nome da familia, agradeceu esta homenaxe á lembranza do seu pai.

 Unha vez inaugurada á EXFIMIÑO 2015, foi posto en circulación un selo personalizado concedido por Correos, que reflicte unha paleta de pintor deseñada por Juan Álvarez Sobrino para súa colección “El pintor y su obra”; así como o sobre oficial da exposición EXFIMIÑO 2015 e un carimbo especial concedido por Correos, coa efixie de Juan Álvarez Sobrino, baseado no deseño feito polo creativo Ángel Pérez Martínez, de San Xoán de Tabagón, para esta exposición filatélica.

Nas imaxes, algúns dos primeiros álbumes filatélicos de Juan Álvarez Sobrino

 A continuación tódalas persoas que asistiron a ese importantísimo e ben organizado evento cultural, puderon apreciar unha mostra das coleccions de Juan Álvarez Sobrino, entre elas “El pintor y su obra” e “Pinceladas postales – La Guardia”, que foran expostas por vez primeira en 1964 e posteriormente no Salón dos Espellos, do Colexio PP. Somascos, de A Guarda, en 2002, así como seus primeiros álbumes e anotacions filatélicas.

 Tamén se mostran colecciones da SFNG (“Historia filatélica da Sociedade F.N. Guardesa”, “A Sociedade Pro-Monte unida a Sociedade Filatélica N. Guardesa” e “Caixas de cerillas”).

 Tamén foi distribuida unha publicación conmemorativa, editada pola SFNG.

Dous xovencísimos afeizoados a Filatelia, nunhas das súas visitas a EXFIMIÑO 2015
Luciano Lomba Vicente - no centro da imaxe -, presidente da S.F.N.G. xunto con varios directivos da entidade

 En EXFIMIÑO 2015 o visitante pode ademirar ata este domingo día 25 de outubro, de 11:00 a 14:00 horas, importantes coleccions de Historia Postal, Tradicional, Temática, Enteiros Postais, Moderna e Xuvenil, pertencentes a filatélicos de varias procedencias (A Coruña, Ourense, Pontevedra, Tui, Vigo, O Rosal e A Guarda).

 Desde Infogauda felicitamos a todo o equipo humano da Sociedade Filatélica e Numismática por esta mostra en homenaxe a Juan Álvarez Sobrino, a quen con toda certeza lle hubera encantado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario