17 de out. de 2015

A GUARDA

O BNG celebrou un acto sobre sanidade na Guarda  

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz nacionalista no Concello de A Guarda): “A ambición do PP por beneficiar aos seus coa privatización dos servizos sanitarios pon en perigo a poboación”  

Manuel Moreira - a esquerda -, médico e membro da plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo, e Ángel Luis Baz Vicente, portavoz do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego realizou un acto sobre as consecuencias do modelo do PP de privatización da sanidade que segundo os nacionalistas ten o seu máximo expoñente no novo hospital Álvaro Cunqueiro.  

 O acto foi presentado polo portavoz municipal do BNG, Ángel Luis Baz Vicente, que agradeceu o comportamento do pobo da Guarda na última manifestación celebrada en Vigo. Asemade, deixou claro o compromiso do BNG coa sanidade pública na Guarda.  

 “O BNG traballou e traballa pola mellora dos nosos servizos sanitarios, aí están as campañas que levamos anos realizando: pola mellora do servizo de urxencias, do servizo de pediatría, reclamación do servizo de radioloxía, así como a petición dunha ambulancia medicalizada”, dixo o portavoz municipal nacionalista.  

 Mentres, Manuel Moreira, médico e membro da plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo, detallou a gran operación de “privatización” levada a cabo na área sanitaria de Vigo que ten como vértice o novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. 

 “Feijoo minte: tiñamos un hospital público cun orzamento de 450 millóns de € e agora temos que pagar a unha empresa privada 1.300 millóns por un hospital máis pequeno e peor dotado”, afirmou Manuel Moreira.
  
Ángel Luis Baz Vicente, Manuel Moreira, Merche Martínez e Xan Lois Lomba Alonso

 O acto rematou cun coloquio no que segundo se puido amosar a preocupación existente pola actual situación de caos que se vive no novo hospital de Vigo, así como pola política de privatizacións que está a levar o PP que sitúa entre os beneficiarios de dita privatización a membros e ex-altos cargos do Partido Popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario