14 de out. de 2015

A GUARDA

ESTE XOVES ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UNIRSE AOS CLUBES DE LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL 

Vista parcial da Biblioteca Municipal de A Guarda
Foto: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este xoves día 15 de outubro, abre o prazo de inscrición para todos aqueles interesados en unirse aos clubes de lectura organizados polo Concello de A Guarda na biblioteca municipal. 

 Haberá dous grupos diferentes, un nos que se xuntarán os lectores xuvenís, e outro os adultos. Nestes clubes, os membros, se porán de acordó para ler un mesmo libro que será prestado pola biblioteca. Tras a súa lectura, quedarán para a posta en común da historia e para dar as súas opinións. A datas das reunión serán acordadas entre os propios membros do grupo. 

 Aquelas persoas interesadas en pertencer aos clubes poderán inscribirse, dende este xoves ata o mércores, día 28 de outubro, na propia biblioteca, situada no Centro Cultural e Social. O horario de apertura é de 17:00 a 20:00 horas. 
 Dinamización 
 O Concello de A Guarda busca dinamizar a biblioteca municipal organizando diferentes actividades. Así, ademais dos clubes de lectura, están planeados contacontos e a celebración do “Día da biblioteca”. 

 As sesión de Contacontos comezarán o 7 de novembro e se repetirán o primeiro sábado de cada mes. Para acudir a esta actividade non fai falla facer ningún tipo de inscrición, tan só acudir a biblioteca no horarios fixado, que sempre será de mañá. O 24 de outubro, “Día da Biblioteca” o concello ten organizadas diferentes actividades tanto para o público infantil como adulto. 

 Con este tipo de iniciativas a Concellería de Cultura e Educación, que dirixe Elena Baz Rodríguez, busca fomentar e promocionar a lectura entre grupos de persoas de todas as idades. Ademais queren achegar a biblioteca municipal a todos os veciños de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario