O ESCRITOR ÁLVARO VILLA ANDRÉ PRESENTA O SEU LIBRO “LAS CRÓNICAS DE AVA. PELO MANDARINAS PARA TI”
A cita é o venres día 16 de outubro, no Centro Cultural ás 20:30 horas
Infogauda / A Guarda
O autor Álvaro Villa André, escritor e poeta afectado por una parálise cerebral presenta o seu libro “Las crónicas de Ava. Pelo mandarinas para ti” o venres, día 16 de outubro, ás 20:30 horas no Centro Cultural e Social de A Guarda.
Villa André, que viviu a súa primeira xuventude na Guarda e agora reside en Granada, publica un libro dividido en oito capítulos que adica, por exemplo, o erotismo e a sedución, ó amor, ás vivencias persoais, á espiritualidade, á motivación, a literatura ou a creatividade.
Este escritor emprega a prosa e a poesía para descubrir e narrar aos lectores, as historias e vivencias, moitas veces de forma autobiográfica.
Esta obra, que na actualidade pódese mercar a través do perfil do autor en facebook pero que no futuro estará en diferentes plataformas dixitais e físicas, está a recoller moi boas críticas.
Villa André, tras haber presentado a obra en Granada, faráo este xoves en Vigo, e o venres na Guarda, e despois viaxará, ao País Vasco, Cataluña e Madrid para dar a coñecer o seu libro.
No acto de presentación, ademais de Álvaro Villa André, participarán Julia Sobrino González, Chuny Vázquez Vicente, María José Baz Martínez e Ricardo Rodríguez Vicente.
Espérase que moitos veciños guardeses apoien a este escritor na presentación do seu segundo libro.


Ningún comentario:
Publicar un comentario