14 de out. de 2015

TOMIÑO

O curso de formación de adultos para a obtención do graduado da ESO por libre comeza as súas clases o vindeiro día 20 de outubro


Infogauda / Tomiño

 O curso de formación de adultos para a obtención do graduado da ESO por libre comeza o seu curso lectivo o vindeiro 20 de outubro. Haberá dúas turnas, unha de mañán de 10:00 a 13:00  horas e outra de tarde de 19:00 a 22:00 horas. As clases serán na Escola Obradoiro de Goián os martes, mércores e xoves e máis de 50 veciños de Tomiño de diferentes idades poderán beneficiarse de xeito gratuito.  

 O Concello de Tomiño inicia así a súa oitava edición dun curso para adultos que ten formado a máis de 300 veciños. Na pasada convocatoria aprobaron 19 alumnos dos 50 inscritos sendo Tomiño un dos Concellos coa taxa de aprobados máis alta da provincia.  

 As persoas beneficiadas deste curso son veciños e veciñas maiores de 18 anos e que non están matriculados oficialmente en ningún curso da ESO. A docencia está a cargo da traballadora municipal Lucía Souto.  A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “dende o Concello ofertamos altenativas formativas co fin de xerar expectativas de emprego entre os veciños e veciñas que non remataron os estudios obrigatorios”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario