25 de set. de 2015

DEPORTES

ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA 15K DO ATLÁNTICO


Infogauda / A Guarda

  O mércores día 30 de setembro é o último día do prazo de inscrición para participar na 15K do Atlántico que percorre os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda. 

 As inscricións poden ser en liña na web: www.championchipnorte.com ou a  través de transferencia bancaria no número de conta ES76 0186 6001 84 0508274810 no que o titular é Top Ten Sports. O xustificante de pago hai que envialo o correo info@qualitesport.com indicando o nome e apelidos, DNI, data de nacemento e talla de camiseta da persoa inscrita.

 Ademais tamén está a opción da inscrición persoal no Ximnasio Excálibur no Rosal ou no Ximnasio Do-Majó, na vila de A Guarda.

 Percorrido 
 A 15K que terá lugar o próximo domingo 4 de outubro comezará ás 11 horas dende o campo de fútbol de Oia. Pasando por Portecelo e chegada o municipio de A Guarda. A meta estará situada o final do paseo marítimo.

 Autobuses para os participantes
 A organización porá o servizo dos atletas participantes varias expedicions de autobuses desde A Guarda-Oia, para acceder á salida, soio ante do comezo da proba. O primeiro autobús hacia á salida da carreira sairá desde o porto de A Guarda (rotonda xunto o Restaurante Arruaz) ás 8:45 dirección Oia. Á saída do último autobús será ás 10:00 desde o mesmo lugar. Recomendánselles os participantes acudan o máis axina posible a coller o autobús, a fin de evitar posibles aglomeracions de última hora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario