25 de set. de 2015

A GUARDA

O CONCELLO ORGANIZA ENCONTROS ENTRE A ADMINISTRACIÓN LOCAL E A MOCIDADE NA ACTIVIDADE “CONVERSAS COA XUVENTUDE”

Cada unha destas xornadas terá un tema que vertebrará a conversa dese día. A primeira, que terá lugar o venres 2 de outubro na Casa dos Alonso, levará por título “Implicación entre a xuventude e o Concello”





Infogauda / A Guarda


 Concellería de Xuventude do Concello de A Guarda organiza a actividade “Conversas coa Xuventude”, iniciativa que, segundo afirma á concelleira Elena Baz Rodríguez "nace coa intención de crear un espazo de encontro entre a administración local e a mocidade do municipio". 
 "Nestes encontros - engadiu Elena Baz Rodríguez, Concelleira de Xuventude - se facilitarán ferramentas de participación directa á mocidade para que teñan a oportunidade de expor e facer chegar as súas propostas, necesidades e demandas ó Concello. Así, búscase tecer redes para colaborar e conseguir melloras para toda a poboación da vila, especialmente para a máis nova".
 Cada unha destas xornadas terá un tema que vertebrará a conversa dese día. A primeira, que terá lugar o venres 2 de outubro na Casa dos Alonso, levará por título “Implicación entre a xuventude e o Concello”. Nesta primeira toma de contacto se tratará de resumir todo aquelo que se ten feito dende a administración local ata agora en materia de xuventude e aquelo que se ten planificado para un futuro inmediato.
 Na primeira xornada, que dará comezo ás 20,30 horas, intervirán José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde de A Guarda, e Antonio Lomba Baz, actual alcalde do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario