Inscricións abertas para a Xeira do IEM “Baiona
- Illa de Ons”
Será o sábado día 12 de setembro con motivo da celebración do Día dos socios do Instituto de Estudos Miñoranos
Álvaro Peralta / Val Miñor
Con motivo da
celebracións do Día das socias e socios do Instituto de Estudos Miñoranos, o sábado día 12 de setembro terá lugar unha
Xeira dende Baiona á Illa de Ons. A punto
de partida será ás 8:30 da maña na Estación Marítima de Baiona, con regreso
dende a illa ás 17:30 horas.
Será unha Xeira
marítimo–terrestre cunha navegación e percorridos
terrestres guiados por membros do IEM. O custe da actividade é de 10€ para
asociados e menores de 12, e 15 para o público en xeral. A comida vai por conta
de cada quen.
Os interesados
en participar deben comunicarse ao teléfono 986 360 575 a partir do luns 31 de
agosto das 18 a 22 horas. Só unha vez confirmada a praza farán o depósito na
conta do IEM Nº 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario