O BNG-AA de Tui apoia e fai un chamamento
á veciñanza para que acuda á manifestación en defensa da área sanitaria
de Vigo
BNG-AA de Tui
O
Novo Hospital de Vigo cuxo financiamento e xestión adxudicouse a unha
Concesionaria Privada, incluíndo un novo copago, o párking de pago para usuarios
e traballadores (cun custo de 12 € ó día), sen teren articulado un sistema de
transporte público, en condicións de equidade, que sexa unha alternativa real ó
uso do vehículo privado,deixou
de ser centro de referencia en importantes servizos.
O Novo hospital
perde servicios de referencia de Oncoloxía Radioterápica, Ciruxía Torácica,
Neurociruxía, Ciruxía Plástica, Ciruxía pediátrica, cardioloxía
intervencionista (unidades de hemodinámica) e Ciruxía Cardíaca. A referencia
destes servicios para o Área Norte de Pontevedra están agora no Complexo
Hospitalario de Santiago. POVISA mantén a referencia de Ciruxía Maxilofacial,
Nervio Periférico e Queimados.
No área pérdese un total de 517 camas,
xa que os recortes afectan tamén aos hospitais do Meixoeiro e Nicolás Pena .Estes recortes vulneran as condicións do
contrato coa Concesionarias a administración, vulneraron a lexislación Estatal
e Europea para favorecer aos novos donos privados do hospital e ocultar o
endebedamento do Novo Hospital,
Por outra banda, diante da paralización do
traslado ao Novo Hospital de Vigo, e á espera de ter máis noticias que
confirmen as circunstancias concretas agardamos que a Xerencia da EOXI tome
conciencia dos problemas existentes e explique claramente, con absoluta
transparencia, que está a pasar, e remate con actitudes intolerábeis nas
condicións do traslado.
Para denunciar o atropelo sanitario e legal e esixir o rescate do
Centro polo Sistema Sanitario Público, a Plataforma e a Xunta de Persoal
do CHUVI convocan unha gran manifestación para o próximo día 3 de setembro,en
Vigo, ás 20 horas dende o Hospital Xeral.
Así pois, dende o BNG-AA de Tui defendemos unha área sanitaria pública con tódolos servizos e recursos para dar resposta ás necesidades na nosa área. Por iso apoiamos e participamos na manifestación convocada pola Xunta de Persoal do SERGAS e a Plataforma SOS Sanidade Pública.
Así pois, dende o BNG-AA de Tui defendemos unha área sanitaria pública con tódolos servizos e recursos para dar resposta ás necesidades na nosa área. Por iso apoiamos e participamos na manifestación convocada pola Xunta de Persoal do SERGAS e a Plataforma SOS Sanidade Pública.
CONVOCAMOS A TODA A VECIÑANZA A ASISTIRES
Á MANIFESTACIÓN DO XOVES DÍA 3 DE SETEMBRO ÁS 20:00 DENDE O HOSPITAL XERAL DE
VIGO.
RESERVA A TÚA PRAZA DE BUS NO TLF
620561594 ou no 616090632 (cun custo de 5€). Sae ás 18:50h da Alameda de A
Guarda, con parada en Areas e Guillarei.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario