31 de ago. de 2015

A GUARDA

NOVO HORARIO DO FERRY DENDE O 1 Ó 15 DE SETEMBRO  

Segundo comunican desde o Concello de A Guarda "nestas datas non haberá transporte os luns pero o resto dos días as viaxes saen coa mesma frecuencia, sendo o primeiro dende A Guarda ás 09:00 horas pero o último adiántase ás 20:15 horas. 


Infogauda / A Guarda


 O horario do ferry que une A Guarda (Galicia) coa vila portuguesa de Caminha cambia dende o 1 ó 15 de setembro. 

 Segundo comunican desde o Concello de A Guarda "nestas datas non haberá transporte os luns pero o resto dos días as viaxes saen coa mesma frecuencia, sendo o primeiro dende A Guarda ás 09:00 horas pero o último adiántase ás 20:15 horas. 

 Ademais o transporte non funcionará, como é habitual, no intervalo dende as 13:30 horas, momento que sae dende A Guarda, ata as 15 horas, cando se retoman as viaxes dende Portugal. 

 A partir do 15 de setembro o ferry comezará o horario de inverno que se alongará ata o 30 de xuño de 2016".

Ningún comentario:

Publicar un comentario