31 de ago. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA Ó GOBERNO MUNICIPAL QUE REVISEN O ALUMEADO PÚBLICO

Hai algún punto de alumeado que está encendido de día e apagado de noite


Vista do punto de alumeado público que encende de día e está apagado de noite
Fotografías: C.G.

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda ven de presentar no rexistro municipal de entradas, á seguinte comunicación:

¿¿PORQUÉ SERÁ QUE PRENDE DE DÍA E APAGA DE NOITE??

 Nos acaban de remitir estas fotografías tomadas as TRES da tarde, e que case reflexan o ¿¿funcionamento?? do Goberno Municipal. ¡¡Andan o revés!! E por iso, a farola funciona de día e apaga de noite, e así non a necesita nadie, o seu servicio é nulo e prescindible.

 Dende Converxencia Galega queremos chamala atención sobre o estado da mesma, pois como moi ben se pode apreciar - xa que unha imaxe vale máis que mil palabras -, poñemos moi en dúbida que aguante o próximo inverno, xa que ten moitas posibilidades de que a primeira ráfaga de vento, vai poñela por terra co conseguinte risco para os veciños/as que pasan polo lugar, e por elo, vimos a solicitar do Goberno do PSOE, que tomen as medidas oportunas e procedan a arranxar esta situación que pode traguer problemas en pouco tempo, e que ademais revisen se non é posible “adecentar o arbolito de Nadal” en que está convertido o poste que a sostén.

A Guarda, a 31 de Agosto do 2.015

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega



Sr. Alcalde do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario