27 de xul. de 2015

OIA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN REDUCIR O 25% DOS SALARIOS E RETRIBUCIÓNS QUE RECIBEN OS MEMBROS DO EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE OIA

"(...) a fin de adicar a cantidade resultante para a xeración de postos de traballo e desa maneira, axudar a baixar a cifra de parados na nosa localidade (...)"


José Manuel Romero Martínez, membro do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia

Infogauda / Oia

Para seu debate e aprobación se procede, na vindeira sesión plenaria ordinaria, o Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia, que conta con tres concelleiros na Corporación Municipal, ven de presentar no rexistro municipal de entradas un documento que di o seguinte:

 PROPOSTA DE ACORDO                          
   
O  abaixo, asinante, en calidade de Portavoz-Adxunto do Grupo Municipal de Converxencia Galega nesta localidade, por medio deste escrito, e o amparo da legislación vixente, e tendo en conta que nesta lexislatura e según o acordado polo Pleno da Corporación en sesión Extraordinaria celebrado o pasado 27.06.2015, sobre asignacións os membros do Equipo de Goberno.

Que habendo recibido o  HASH b048d6316518f7f33f31d7151bd9211e de 24.07.2015 polo que en “aras” da pretensión do Goberno Municipal de reducir o custe de sostenemento dos órganos municipais…

Sendo a Proposta da Alcaldía a redución do 50% nas asignacións os órganos colegiados da Corporación a 50,00€ brutos por sesión, dende Converxencia Galega, vimos a propoñer o Pleno o seguinte  acordo:

Que en “aras” de aforro económico para o Concello, a partir do momento da aprobación desta Moción, se proceda a reducir o 25% dos salarios e retribucións que mensualmente reciben os membros do Equipo de Goberno do Concello de Oia, a fin de adicar a cantidade resultante para a xeración de postos de traballo e desa maneira, axudar a baixar a cifra de parados na nosa localidade.


Oia, a 27 de xullo do 2.015        


José Manuel Romero Martínez, Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia. 


Nota da Redacción de Infogauda: O Código HASH b048d6316518f7f33f31d7151bd9211e de 24.07.2015, o que se fai mención na Proposta de Acordo presentada por Converxencia Galega, corresponde a un Decreto da Alcaldía do Concello de Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario