27 de xul. de 2015

O ROSAL

CINEMA

"OCHO APELLIDOS VASCOS", DE EMILIO MARTÍNEZ-LÁZARO, CHEGA O VAL DO ROSAL


Infogauda / O Rosal 

 O vindeiro sábado día 1 de agosto, ás 22:30 h., na Praza do Calvario, proxectarase o filme “OCHO APELLIDOS VASCOS”.  

 En caso de chuvia a sesión de cinema será no Auditorio Municipal.

 Con un reparto no que figuran Dani Rovira, Clara Lago, Carmen Machi, Karra Elejalde, Alfonso Sánchez, Alberto López, Aitor Mazo e Lander Otaola, "OCHO APELLIDOS VASCOS" é unha comedia romántica de 98 minutos de duración, baseada nún guión de Borja Cobeaga e Diego San José, na que Rafa (Dani Rovira) é un xoven señorito andaluz que non tivo que salir nunca da súa Sevilla natal para conquerir o único que lle importa na vida: o fino, a gomina, o Betis e as mulleres. Todo muda cando coñece unha muller que se resiste a seus engados: e Amaia (Clara Lago), una moza vasca. Decidido a conquista-la, trasládase a un pobo de Euskadi, onde faise pasar por vasco para vencer súa resistencia. Adoita o nome de Antxon e varios apelidos vascos: Arguiñano, Igartiburu, Erentxun, Gabilondo, Urdangarín, Otegi, Zubizarreta,... e Clemente.

  "OCHO APELLIDOS VASCOS" recibiu tres Premios Goya: Mellor actor revelación (Rovira), actor e actriz de reparto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario